Galletas de xenxibre e chía

14,00

INGREDIENTES

Ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica:
fariña de escanda integral, copos de avéa moídos, fariña de
coco, azucre de coco, aceite de coco, abelás picadas,
aceite de oliva virxe extra, xenxibre, canela, sementes de
chía e lévedo.

Categoría:

Descripción

Fariña de Escanda!!! Téñome que deter aquí!!. A Escanda que da vida a esta galleta, coma nas demáis que levan Escanda, é o TRITICCUM MONOCOCCUM. Diploide. É o primeiro trigo “domesticado”. Anterior o Dicoccum, a Espelta. É un gran natural. A cantidade de gluten é pequena e moi dixerible. É unha excelente fonte de nutrintes e vitalidade, poderiamos falar moi longo das suas virtudes que sen dúbida son moitas, pero por citar algo direi dos seus aportes en Triptófano e Fenilalanina, dous transmisores precursores de hormonas que interveñen directamente no noso estado de ánimo, humor, actividade mental, atención,…

Cando conseguimos a Escanda foi emocionante e cando a probamos tivemos a sensación de recoñecernos absolutamente, rescatando de inmediato algo que estaba ben gardado na memoria do noso sentir. A Escanda foi Alimento para a Saúde e volta selo por fin!

O Xenxibre, máis cualitativo que cuantitativo, sanador sempre e a Chía, tan bonita de ver e sentir que nutre tanto o noso sistema a moitos niveis, acompañan neste Rebolo que emociona.

Sonia Carbón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *