Avéa, Améndoas,…e no medio unha cor. Un sorprendente…azul moi escuro?, moi morado quizáis?, non sabería dicir!, é a singular cor dos Arandos, con delicioso sabor doce cun punto ácido que trae o lembrar do Monte, por iso por aquí coñécense como uvas deste máxico lugar, Uvas do Monte!.
Cargados de antioxidantes, aportan nutrintes que reforzan o sistema inmune, cardíaco, dixestivo, nervoso,…
Os rebolos veganos de avéa e arandos están endulzados con sirope de arroz. E avéa en copos, descubrindoos en cada mordisco, este cereal terapéutico en sí mesmo fai este rebolo moi dixestivo e delicioso. Este cereal é moi completo e equilibrado, poderíamos destacar que é rico en antioxidantes, alimenta as bacterias boas do intestino, regula os niveis de azucre, entre outros beneficios.
Así que os rebolos veganos de avéa e arandos é un agasallo para o corpo.
Sonia Carbón