O noso bombón vegano contén Abelás, froito seco de alto valor nutricional e fermoso. A Abelaira, a súa nai, ábore de familia meiga, fermosa tamén e de bo acompañar. Boa fonte de minerais como calcio, fósforo e magnesio, indispensables para un bo crecemento. Acompañadas dos dátiles, alimento completo que aporta nutrintes esenciais e con numerosos beneficios para a saúde, fortalecendo os ósos, protexe a saúde cardiovascular, fonte de enerxía, regulador do sistema nervioso. Fai máis de seis mil anos que se empezou a cultivar a plameira do dátil no sureste de Asia e o norte de África, onde se extendeu a outros países cálidos. Os caldeos chamaban o datileiro o Árbol da vida, xa que se alimentaban cos seus foitos e os seus brotes, tecían as súas fibras, queimaban as súas carabuñas para utilizalas de combustible e bebían a súa savia.

O bombón vegano de abelás está cheo de matices….por dentro e por fóra.

Descubres de maneira sutil acariñando o baño de chocolate o Sésamo, con infinidade de propiedades para a saúde. Xa un dito popular dicía “A esencia, en tarro pequeno se vende”!!, e  neste caso non podía ter mais razón: as sementes de Sésamo, pequenas e saborosas, son unha fonte de nutrintes de alto valor biolóxico.

Ou se prefires a caricia de coco, pois tamén, xa que ésta é unha froita con propiedades da vitamina E de importante acción antioxidante sobre a pel e ideal para cando un sinte debilidade.

Desfruta cada bocado e sinte todos os praceres!!