As plantas silvestres sempre tiveron gran valor para os seres humanos en todas as partes do mundo. Facendo uso delas ao longo da historia, foise acumulando unha importante sabedoría sobre a flora de cada lugar, que nos permite mellorar a nosa calidade de vida. As plantas empregáronse sempre para moitos usos, tanto para alimentarnos, como para medicina e como recurso para elaborar moitas pezas necesarias para as casas, como os cestos, as vasoiras, cadeiras e moitos outros utensilios.

Nos Roteiros de plantas silvestres e medicinais da nosa contorna, o obxectivo é aprender a identificar as plantas silvestres que teñen un uso medicinal e comestible, saber cal é o momento máis adecuado para a súa recollida, como colleitar, como conservar e explicar cales son as súas aplicacións tanto para a saúde como para o uso na nosa cociña.

 

Básicamente unha saída para aprender a gozar da natureza, coñecer o que “pisamos”. Ser conscienstes de que no bosque, nos prados, na natureza temos unha gran botica para ir construíndo a nosa caixa de primeiros auxilios natural e un gran almacén de alimentos beneficiosos para a nosa Saúde e tamén para os animais cos que convivimos, non hai que esquecer!!

 

Reconectarse e atoparse na Natureza.

Ideal para gozar en familia, con amigos e con quen queiras facer algo diferente.

 

Duración: 2 horas aproximadamente

Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.