Un baño de bosque ou shinrin-yoku como o coñecen en Xapón, o seu país de orixe, é un encontro profundo coa natureza, experimentándoa con todos os sentidos, en total presencia.

Un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas, permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.

Aliviar o estrés, relaxarte, sentir o teu silencio interior e o do bosque, ainda que só sexa por uns instantes, son algunhas das moitas sensacións que te levarás desta actividade 100% de benestar.

Baño de bosque

Invitámosche a formar o teu grupo para vivir esta experiencia coa guía tranquila e sosegada de Rosalía Santori.

Opcións:

A) Medio día.

Mañá: de 10h. a 14h.

Tarde: de 15:30h. a 19:30h. entre abril e setembro

B) Todo o día.

Flexibilidade para adaptar os horarios ás necesidades de cada grupo.

Protocolo covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.