Todo acto ten unha consecuencia, tentamos que as consecuencias dos nosos actos repercutan de maneneira negativa o menos posible, e iso conséguese primeiro tomando conciencia dos productos, alimentos e roupas que usamos
Moitas veces coidar a nosa pel e o noso corpo é mais fácil do que creemos.
A natureza pon o noso alcance prantas con infinidade de propiedades que se adaptan as características da nosa pel, para así coidar e nutrir por dentro e por fóra.
Propoñemos obradoiros diferentes, onde podes ir iniciándote no coidado natural::
Aprende a elaborar as túas propias cremas para o rostro e o corpo de maneira sinxela con produtos naturais e beneficiosos para o noso organismo.
Para o coidado da nosa boca aprenderemos a facer pasta dental a base de arxila, e colutotios bucais. Tamén aprenderemos a facer desodorantes non agresivos para a pel e que non obstrúan as glándulas sudoríparas
Xabón de lavadora , suavizante para ter a nosa roupa coidada e despois nos acariñe a nós, ambientador para que a nosa casa ula sempre ben. Aparte de coidar as nosas prendas e a nosa pel non son nocivos para o medio ambiente, son respetuosos con él, non contaminan os ríos, os mares, en definitiva todo o o que facemos voltará a nós en forma saudable, se tratamos de levar a cabo prácticas respetuosas.
Xabóns para o coidado do noso corpo. Serven para o rostro, o corpo e o cabelo. Xabóns enriquecidos con plantas mediciñais e ou aceites, arxilas, mel, avéa…que nutren a nosa pel e limpan en profundidade sen ser abrasivos para a mesma. Aparte aprenderemos a facer hidrolatos en alambique cheos de aromas e propiedades que colman os nosos sentidos.
Saberes antigos que queremos por en valor, saberes sinxelos que calquer persoa pode aprender e poñer en práctica no seu día a día, facéndose responsable do aseo persoal e dos seus. Sementando un mundo mellor para as xeracións futuras.
Todas estas elaboracións non conteñen sustancias disruptoras endocrinas tan comúns hoxe en día na cosmética convencional. Cosmética 100% sá.
Ideal para facer en grupo, cos amig@s, en familia, cos teus compañeir@s….
Duración do evento: 2h
Material incluído: aceites, prantas, recipientes…
Protocolo COVID: Adaptarémonos ás medidas vixentes.
Propoñémosvos compartir unha xornada vivencial na que aprenderemos a través dos Alimentos (o que comemos e tamén o que bebemos), a Respiración, o Exercicio ou Movemento Rítmico, a Meditación, os Sons, a Música,…, a coidar a nosa saúde, prestando especial atención ó noso SISTEMA INMUNITARIO, entendendo que todo forma parte dunha globalidade que ten que ser respetada. Somos e formamos parte da Natureza, un Microcosmos dentro dun Macrocosmos en comunicación constante.
Aprender a manternos sans coidando a nosa inmunidade natural.
Xornada para compartir con persoas conscientes de querer coidarse e aprender de maneira presencial todo o que engloba un coidado pleno.
Duración: Contemplado para un día completo, mañá e tarde, desfrutando dos alimentos que se traballen.
Protocolo covid: adaptaremos a xornada as normas vixentes no seu momento.
Propoñémosche un espazo de calma e benestar para ti no medio da natureza.
Para que podas deterte tras a semana laboral. Para parar e darte este agasallo de desconexión da axitación rutinaria e, á vez, de re-conexión coa túa paz interior.
Aproveita este privilexio natural para volver a ti, para vivir fondamente con plena atención e meditar na compaña dun pequeno grupo coa inestimable guía de Rosalía Santori.
Un reseteo para empezar a fin de semana sen preocupacións, con serenidade e aceptación.
Duración da sesión: 2 horas aproximadamente.
Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.
Un baño de bosque ou shinrin-yoku como o coñecen en Xapón, o seu país de orixe, é un encontro profundo coa natureza, experimentándoa con todos os sentidos, en total presencia.
Un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas, permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.
Aliviar o estrés, relaxarte, sentir o teu silencio interior e o do bosque, ainda que só sexa por uns instantes, son algunhas das moitas sensacións que te levarás desta actividade 100% de benestar.
Invitámosche a formar o teu grupo para vivir esta experiencia coa guía tranquila e sosegada de Rosalía Santori.
Opcións:
A) Medio día.
Mañá: de 10h. a 14h.
Tarde: de 15:30h. a 19:30h. entre abril e setembro
B) Todo o día.
Flexibilidade para adaptar os horarios ás necesidades de cada grupo.
Protocolo covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.
As plantas silvestres sempre tiveron gran valor para os seres humanos en todas as partes do mundo. Facendo uso delas ao longo da historia, foise acumulando unha importante sabedoría sobre a flora de cada lugar, que nos permite mellorar a nosa calidade de vida. As plantas empregáronse sempre para moitos usos, tanto para alimentarnos, como para medicina e como recurso para elaborar moitas pezas necesarias para as casas, como os cestos, as vasoiras, cadeiras e moitos outros utensilios.
Nos Roteiros de plantas silvestres e medicinais da nosa contorna, o obxectivo é aprender a identificar as plantas silvestres que teñen un uso medicinal e comestible, saber cal é o momento máis adecuado para a súa recollida, como colleitar, como conservar e explicar cales son as súas aplicacións tanto para a saúde como para o uso na nosa cociña.
Básicamente unha saída para aprender a gozar da natureza, coñecer o que “pisamos”. Ser conscienstes de que no bosque, nos prados, na natureza temos unha gran botica para ir construíndo a nosa caixa de primeirosauxilios natural e un gran almacén de alimentos beneficiosos para a nosa Saúde e tamén para os animais cos que convivimos, non hai que esquecer!!
Reconectarse e atoparse na Natureza.
Ideal para gozar en familia, con amigos e con quen queiras facer algo diferente.
Duración: 2 horas aproximadamente
Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar o noso servizo e facilitar a súa navegación. Si continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.