Cosmética natural

cursos de xabóns en galicia

Todo acto ten unha consecuencia, tentamos que as consecuencias dos nosos actos repercutan de maneneira negativa o menos posible, e iso conséguese primeiro tomando conciencia dos productos, alimentos e roupas que usamos

Moitas veces coidar a nosa pel e o noso corpo é mais fácil do que creemos.

A natureza pon o noso alcance prantas con infinidade de propiedades que se adaptan as características da nosa pel, para así coidar e nutrir por dentro e por fóra.

Propoñemos obradoiros diferentes, onde podes ir iniciándote no coidado natural::

  • Aprende a elaborar as túas propias cremas para o rostro e o corpo de maneira sinxela con produtos naturais e beneficiosos para o noso organismo.
  • Para o coidado da nosa boca aprenderemos a facer pasta dental a base de arxila, e colutotios bucais. Tamén aprenderemos a facer desodorantes non agresivos para a pel e que non obstrúan as glándulas sudoríparas
  • Xabón de lavadora suavizante para ter a nosa roupa coidada e despois nos acariñe a nós, ambientador para que a nosa casa ula sempre ben. Aparte de coidar as nosas prendas e a nosa pel non son nocivos para o medio ambiente, son respetuosos con él, non contaminan os ríos, os mares, en definitiva todo o o que facemos voltará a nós en forma saudable, se tratamos de levar a cabo prácticas respetuosas.
  • Xabóns para o coidado do noso corpo. Serven para o rostro, o corpo e o cabelo. Xabóns enriquecidos con plantas mediciñais e ou aceites, arxilas, mel, avéa…que nutren a nosa pel e limpan en profundidade sen ser abrasivos para a mesma. Aparte aprenderemos a facer hidrolatos en alambique cheos de aromas e propiedades que colman os nosos sentidos.

Saberes antigos que queremos por en valor, saberes sinxelos que calquer persoa pode aprender  e poñer en práctica no seu día a día, facéndose responsable do aseo persoal e dos seus. Sementando un mundo mellor para as xeracións futuras.

Todas estas elaboracións  non conteñen  sustancias disruptoras endocrinas tan comúns hoxe  en día  na cosmética convencional. Cosmética 100% sá.

Ideal para facer en grupo, cos amig@s, en familia, cos teus compañeir@s….

Duración do evento: 2h

Material incluído: aceites, prantas, recipientes…

Protocolo COVID: Adaptarémonos ás medidas vixentes.

 

 

Fortalecer a Inmunidade Natural

Fortalecer o sistema inmune

Propoñémosvos compartir unha xornada vivencial na que aprenderemos a través dos Alimentos (o que comemos e tamén o que bebemos), a Respiración, o Exercicio ou Movemento Rítmico, a Meditación, os Sons, a Música,…, a coidar a nosa saúde, prestando especial atención ó noso SISTEMA INMUNITARIO, entendendo que todo forma parte dunha globalidade que ten que ser respetada. Somos e formamos parte da Natureza, un Microcosmos dentro dun Macrocosmos en comunicación constante.

Aprender a manternos sans coidando a nosa inmunidade natural.

Xornada para compartir con persoas conscientes de querer coidarse e aprender de maneira presencial todo o que engloba un coidado pleno.

Duración: Contemplado para un día completo, mañá e tarde, desfrutando dos alimentos que se traballen.

Protocolo covid: adaptaremos a xornada as normas vixentes no seu momento.

Meditación: calma e benestar na natureza

Meditación e benestar na natures

 

Propoñémosche un espazo de calma e benestar para ti no medio da natureza.

Para que podas deterte tras a semana laboral. Para parar e darte este agasallo de desconexión da axitación rutinaria e, á vez, de re-conexión coa túa paz interior.

Aproveita este privilexio natural para volver a ti, para vivir fondamente con plena atención e meditar na compaña dun pequeno grupo coa inestimable guía de Rosalía Santori.

Un reseteo para empezar a fin de semana sen preocupacións, con serenidade e aceptación.

Duración da sesión: 2 horas aproximadamente.

Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.

Pan con saúde

obradoiros de pan en galicia

O pan nos leva acompañando ó largo da historia, estando presente en diferentes civilizacións e culturas ata a actualidade. O pan foi un elemento básico na nosa dieta e ademáis dun sabor increíble, estaba cargado de nutrintes e tradición. Os pans foron recorrendo tempo e espacio para ir adaptando a sabiduría dos nosos ancentros, cada cultura foi dando valor o pan de diferentes formas.

Coa industrialización do pan, este ingrediente cheo de maxia, pasou a ser un alimento vacío, con moito gluten e poucos nutrintes, con pouco sabor e que apenas dura un día para poder ser consumido. A maxia do pan foi desaparecendo, e en pouco tempo pasamos de tomar o pan como un alimento básico e nutritivo, a tomar un pan valeiro e nada saudable.

Invitámosche a que redescubras o pan de verdade, o pan elaborado con masas vivas, ese pan que che nutre e che fai sentir ben.

Podes adaptar esta formación as túas necesidades:

  • Aprender a facer un pan para o día a día, un pan con saúde, con fariñas integrais e coa túa propia masa nai.
  • Se eres intolerante o glute ou celíaco e a túa opción son as masas sen glute, enseñámoste a preparar o teu pan e outras masas adaptadas a túa alimentación.
  • Prefires profundizar nas masas vivas, aprende a elaborar a túa propia masa nai para tela sempre a túa disposición.

Perfecto para aprender, sentir e compartir cos teus grupos de amig@os ou compañeir@as, e tamén en familia.

Duración: Aproximadamente 3 horas.

Protocolo covid:  Adaptarémonos ás medidas vixentes.

 

Baños de bosque

baños de bosque

Un baño de bosque ou shinrin-yoku como o coñecen en Xapón, o seu país de orixe, é un encontro profundo coa natureza, experimentándoa con todos os sentidos, en total presencia.

Un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas, permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.

Aliviar o estrés, relaxarte, sentir o teu silencio interior e o do bosque, ainda que só sexa por uns instantes, son algunhas das moitas sensacións que te levarás desta actividade 100% de benestar.

Baño de bosque

Invitámosche a formar o teu grupo para vivir esta experiencia coa guía tranquila e sosegada de Rosalía Santori.

Opcións:

A) Medio día.

Mañá: de 10h. a 14h.

Tarde: de 15:30h. a 19:30h. entre abril e setembro

B) Todo o día.

Flexibilidade para adaptar os horarios ás necesidades de cada grupo.

Protocolo covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.

Roteiro de recoñecemento de plantas silvestres

Roteiro plantas silvestres

As plantas silvestres sempre tiveron gran valor para os seres humanos en todas as partes do mundo. Facendo uso delas ao longo da historia, foise acumulando unha importante sabedoría sobre a flora de cada lugar, que nos permite mellorar a nosa calidade de vida. As plantas empregáronse sempre para moitos usos, tanto para alimentarnos, como para medicina e como recurso para elaborar moitas pezas necesarias para as casas, como os cestos, as vasoiras, cadeiras e moitos outros utensilios.

Nos Roteiros de plantas silvestres e medicinais da nosa contorna, o obxectivo é aprender a identificar as plantas silvestres que teñen un uso medicinal e comestible, saber cal é o momento máis adecuado para a súa recollida, como colleitar, como conservar e explicar cales son as súas aplicacións tanto para a saúde como para o uso na nosa cociña.

 

Básicamente unha saída para aprender a gozar da natureza, coñecer o que “pisamos”. Ser conscienstes de que no bosque, nos prados, na natureza temos unha gran botica para ir construíndo a nosa caixa de primeiros auxilios natural e un gran almacén de alimentos beneficiosos para a nosa Saúde e tamén para os animais cos que convivimos, non hai que esquecer!!

 

Reconectarse e atoparse na Natureza.

Ideal para gozar en familia, con amigos e con quen queiras facer algo diferente.

 

Duración: 2 horas aproximadamente

Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.

 

Laboratorio de Artes

Laboratorio de Artes

ObservArte e CreArte

Xogar e Experimentar en Familia; desde a perspectiva da terapia ocupacional. Vivenciar sensacións interiores e expresalas mediante o corpo, a pintura, a música e dinámicas creativas. Se combina a pintura , o collage, o mural, o landArt, a música, os títeres ou a danza integral con exercicios previos e finais de conciencia corporal e coidado corporal.

O que se pretende é:

  • Facilitar un espacio creativo de experimentación e aprendizaxe en familia.
  • Vivenciar un proceso de creación individual e colectiva.
  • Recoñecer, sentir e poñer en xogo a propia creatividade, e a capacidade de traballar en grupo.
  • Vivenciar o respeto e coidado por si mesmos/as, compañeiros/as e entorno.
  • Traballar coas propias sensacións a partir da música e a creación de contidos internos.
  • Desfrutar moito, agradecer a maxia do momento presente.

Proposta perfecta para facer en familia ou con amig@s. Para agasallar os que mais queres de maneira diferente e creativa.

Duración: Taller práctico de 2 horas.

Protocolo Covid: adoptaremos as medidas vixentes nese momento.

 

Laboratorio de artes