Casa Terra de Rebolos é o noso espazo físico, onde desenvolvemos o proxecto como filosofía de vida.

A esta casa lle chamamos así , xa que está ubicada na aldea de Terreboredo, lugar onde agroman os rebolos, os carballos novos, nome que nos inspirou para referirnos o noso espazo, xa que aquí agroman esperanzas e ganas de compartir.

Luce esplendorosa a nosa escultura, símbolo do noso proxeto de vida, talla feita polo escultor e amigo Borja Blanco, que profundizou no noso sentir e o tallou dunha maneira maxistral.

O resultado é unha peza que fala por sí sola, un neno que inocentemente rega os pés para ver se enraiza como as plantas que ve na aldea. Unhas raíces que o entroncan cos seus antepasados. O pasado...que é parte de sí mesmo, algo que ten que coidar para que perdure, ten que regar para que agrome, sen esquecer de mirar hacia o pasado, os seus ancestros, merecedores de que coidemos o seu legado.
E a man do meniño que agroma como unha árbore con eses coñecementos ancestrais.
Mirar o noso pasado, os nosos saberes, coidar as nosas tradicións, nos enriquece como seres humáns.

A miña avoa

Nesta casa se criou miña avoa Edelmira cos seus pais e irmáns, e onde criou a súa filla Carmen. Unha casa onde ela nos contaba que se bailaba, se contaban contos, e se facía comunidade.

Unha muller forte, que saiu adiante con moito tesón e que nos ensinou que na vida hai que darlle valor ás pequenas cousas. Criounos ós 4 irmáns que somos, con dedicación e con amor.

Naceu no ano 1922 e a pesares que eran tempos duros e incertos os seus recordos estaban sempre asociados a familia e a veciñanza, tempos bos para crear vínculos. Muller apegada á terra, e ás xentes. Muller con carácter que nos encheu de vida.

Un canto á esperanza!!

Espazos para habitar

A nosa Casa Terra de Rebolos está chea de recunchos onde nos podemos inspirar, onde a tranquilidade e a esencia do pasado está presente.

Espazos coidados onde se tivo moi presente os materiais a empregar, madeiras recicladas, pinturas de cal, barro cocido como antiguamente, materiais sostibles e orgánicos, para que o futuro teña sentido.

Unha das intervencións é o noso galiñeiro, feito conscientemente para que parte dos habitantes do noso proxecto estiveran cómodas e coidadas. Esas galiñas que nos dan ovos cheos de nutrintes para despois elaborar os nosos rebolos.

O Obrador, lugar de creación

A antigua cociña da casa, onde miña avóa almorzaba as súas papas que lle preparaban na súa cunca, cando o contaba "aínda arrecendía ese momento".

Pola chimenea do forno os paxariños me dan a benvida , e as follas de carballo me inspiran e me calman.

Que facemos?
🥄 Galletas ou Rebolos
🥄 Bombóns

O noso muiño nos permite moer no momento de elaborar e aportar así os nutrintes e frescura ó produto, ademáis de arrecender a cereal recién moído,

O lugar onde cada día trato de crear os rebolos cargándoos da miña enerxía e bo facer, conscientemente sabendo que serán nutrintes para quen decida agasallarse con eles.

Os espazos que habitamos e onde pasamos o día a día teñen que estar cheos de enerxía, e o traballo hai que tratar de que sempre nos aporte beneficio, así que eu neste momento teño o lugar para poder dar forma o que vou sentindo.

O que nos rodea

A contorna do noso espazo está cheo de lugares e rutas para pasear, perderse e descubrir.

Rutas señalizadas para ir a pé, de distintas duracións, para os que empezan e os que están mais en forma, para recorrer en bicicleta ou a cabalo.

Temos tamén que destacar a parte arquitectónica tan ben conservada, onde podes visitar parte do patrimonio que temos, fontes, piornos, reloxos de sol, igrexas, colmeas antigas nas casas, coas súas piqueras nas fachadas, ríos, calzadas, e moitos animais para disfrutar.

Aquí podes facer un percorrido visual deste patrimonio.

Podes ver polo miúdo toda a información pinchando aquí.

Bótalle un ollo á nosa galería

Lévame á galería