Dispoñemos dunha casa completa de 150 metros e un patio exterior de 50 metros, rodeado de pedra onde o único que se escoita e o piar dos paxaros, onde poderás compartir estancia con eles.

O mobiliario son pezas antiguas recuperadas feitas polo noso bisavó, Xan Couceiro, carpinteiro nos seus tempos. Podemos mencionar entre as pezas feitas na casa: as camas, os armarios, as mesillas, as sillas, unha alacena que luce esplendorosa no salón, as contras das ventanas, agora mesmo estanterías…

Tamén parte da louza e vaixela é antiga, facendo das nosas comidas un guiño os nosos ancestros.

A casa conta con 4 habitacións, 3 delas con cama grande, e unha delas cun sofá cama, e outra das habitacións con cama pequena. Dispón tamén de roupa de cama e toallas.

A casa dispón dun salón cociña onde atoparás todo o necesario para túa estancia (cociña, extractor, cafetera, batidora, robot batidos, louza e menaxe de cociña).

A casa é moi luminosa e soleada, e todas as habitacións contan con ventanas. O patio é ideal para poder almorzar, e conversar tranquilamente.

Todos os espazos da casa se coidaron á hora de elexir os seus materiais, tendo en conta a saúde, por iso se seleccionaron materiais orgánicos e ecolóxicos para a restauración, tanto as pinturas, como no mobiliario ou os barnices do chan.

Os que habiten este espazo compartirán tamén a experiencia de ter un obradoiro de galletas artesáns e saudables no mesmo edificio, aínda que independente.  Así será unha experiencia para os sentidos, onde escoitaran o muiño, arrecenderán as galletas e o pan recién horneado e poderán degustar estes produtos.

Tamén é unha casa que dispón de galiñeiro propio, onde se poderán degustar os ovos e un colmear, xa que somos amigos das abellas e todos os animais. As persoas que sexan alérxicas que consulten con nós antes de facer a reserva. E nas nosas hortas temos os nosos burros Terra e Rebolo que lles encanta recibir visitas. En calquera das tareas de coidado dos animais podes participar se así o desexas.

En caso de ter animal de compañía estamos encantados de recibilos.