Fariña de Escanda!!! Téñome que deter aquí!!. A Escanda que da vida a esta galleta, coma nas demáis que levan Escanda, é o TRITICCUM MONOCOCCUM. Diploide. É o primeiro trigo “domesticado”. Anterior o Dicoccum, a Espelta. É un gran natural. A cantidade de gluten é pequena e moi dixerible. É unha excelente fonte de nutrintes e vitalidade, poderiamos falar moi longo das suas virtudes que sen dúbida son moitas, pero por citar algo direi dos seus aportes en Triptófano e Fenilalanina, dous transmisores precursores de hormonas que interveñen directamente no noso estado de ánimo, humor, actividade mental, atención,…

Cando conseguimos a Escanda foi emocionante e cando a probamos tivemos a sensación de recoñecernos absolutamente, rescatando de inmediato algo que estaba ben gardado na memoria do noso sentir. A Escanda foi Alimento para a Saúde e volta selo por fin!

O Xenxibre, máis cualitativo que cuantitativo, sanador sempre e a Chía, tan bonita de ver e sentir que nutre tanto o noso sistema a moitos niveis, acompañan neste Rebolo que emociona.

Sonia Carbón