Imaxina un 70% de Cacao, que foi calmadamente prantado, coidado, esperado, admirado, recolectado, pensado e elaborado con amoroso respeto en forma de petisco doce que anima o espírito e pon o corpo en marcha co lembrar verdadeiro do neno, da nena que somos.

A Avéa, cereal terapéutico, delicia suave, completo e equilibrado, fermosa de por sí.

Non quero esquecer contar as maravillas do meu ben querido Aceite de Coco, ademáis do seu delicioso sabor, arrecendo esquisito e coidador da nosa pel, é un gran amigo do noso sistema inmunitario co que conversa tranquilamente.

Sonia Carbón