Unha galleta deliciosa para o nutrimento invernal. O Outono e o Inverno traen o frío, o recollemento e precisamos calor interno, enerxía, coidar e gardar. O Alforfón (Trigo Sarraceno), que tiñamos esquecido e que é tan noso, trae consigo ese calor que nos atempera. Tamén unha pisca de Xenxibre!.

Tantas cualidades podemos resaltar do Aceite de Coco, do Aceite de Oliva, das Améndoas, da Avea, da Chía: antioxidantes, reguladoras, nutritivas, protectoras, de lindas cores e sabores infinitos docemente presentados para nutrir a nosa saúde, cun arrecendo a tempos pasados que hoxe voltan para lembrarnos o que hai que coidar!.

Sonia Carbón