Nas galletas de sabugueiro está presente a Fariña de Escanda!!! . A Escanda que da vida a esta galleta, coma nas demáis que levan Escanda, é o TRITICCUM MONOCOCCUM. Diploide. É o primeiro trigo “domesticado”. Anterior o Dicoccum, a Espelta. É un gran natural. A cantidade de gluten é pequena e moi dixerible. É unha excelente fonte de nutrintes e vitalidade, poderiamos falar moi longo das suas virtudes que sen dúbida son moitas, pero por citar algo direi dos seus aportes en Triptófano e Fenilalanina, dous transmisores precursores de hormonas que interveñen directamente no noso estado de ánimo, humor, actividade mental, atención,…

Xa o relatou no século XII nos seus escritos de medicina e saúde a abadesa benedictina alemana Santa Hildegard Von Bingen.

Cando conseguimos a Escanda foi emocionante e cando a probamos tivemos a sensación de recoñecernos absolutamente, rescatando de inmediato algo que estaba ben gardado na memoria do noso sentir. A Escanda foi Alimento para a Saúde e volta selo por fin!

E nas nosas galletas o licor de SABUGUEIRO, pranta tan presente na cultura de Galicia. Arbusto moi apreciado polos seus usos medicinais, debido a presenza de taninos, fósforo, flavonoides e vitamina C e B. O Sabugueiro é ideal para tratar os problemas respiratorios: favorece a sudoración, facilita a expulsión da mucosidade, contribúe a reducir a inflamación das vías respiratorias , a baixar a febre, e especialmente a calmar a tose. E axuda a eliminar toxinas polas súas propiedades diuréticas e depurativas.

E un toque de canela!!, onde o seu uso medicinal se remonta a miles de anos atrás.