Os Rebolos de cacao e Amaranto….Compañeiro, irmán dos Rebolos de Abelás. Comparte loubanzas!! Saúde co que nos trae para o corpo,as emocións e o sentir: Escanda, Manteiga, Ovo, Cacao, Amaranto,…

Vou contar do Amaranto, que xa de por sí ten un bonito nome, sonoro, Amaranto!!!,

Amar tanto!!!. Gran aporte proteico con altísimo valor biolóxico xa que porta todos os aminoácidos esenciais nunha proporción óptima para ser asimilados, entre outras moitas virtudes que acompañan a este antiquísimo cultivo que formou parte de Cerimonias Sagradas hai tanto!!!

Os Rebolos de cacao e Amaranto suxiren matices e evocan recordos infantís.

Sonia Carbón