O pan nos leva acompañando ó largo da historia, estando presente en diferentes civilizacións e culturas ata a actualidade. O pan foi un elemento básico na nosa dieta e ademáis dun sabor increíble, estaba cargado de nutrintes e tradición. Os pans foron recorrendo tempo e espacio para ir adaptando a sabiduría dos nosos ancentros, cada cultura foi dando valor o pan de diferentes formas.

Coa industrialización do pan, este ingrediente cheo de maxia, pasou a ser un alimento vacío, con moito gluten e poucos nutrintes, con pouco sabor e que apenas dura un día para poder ser consumido. A maxia do pan foi desaparecendo, e en pouco tempo pasamos de tomar o pan como un alimento básico e nutritivo, a tomar un pan valeiro e nada saudable.

Invitámosche a que redescubras o pan de verdade, o pan elaborado con masas vivas, ese pan que che nutre e che fai sentir ben.

Podes adaptar esta formación as túas necesidades:

  • Aprender a facer un pan para o día a día, un pan con saúde, con fariñas integrais e coa túa propia masa nai.
  • Se eres intolerante o glute ou celíaco e a túa opción son as masas sen glute, enseñámoste a preparar o teu pan e outras masas adaptadas a túa alimentación.
  • Prefires profundizar nas masas vivas, aprende a elaborar a túa propia masa nai para tela sempre a túa disposición.

Perfecto para aprender, sentir e compartir cos teus grupos de amig@os ou compañeir@as, e tamén en familia.

Duración: Aproximadamente 3 horas.

Protocolo covid:  Adaptarémonos ás medidas vixentes.