Propoñémosche un espazo de calma e benestar para ti no medio da natureza.

Para que podas deterte tras a semana laboral. Para parar e darte este agasallo de desconexión da axitación rutinaria e, á vez, de re-conexión coa túa paz interior.

Aproveita este privilexio natural para volver a ti, para vivir fondamente con plena atención e meditar na compaña dun pequeno grupo coa inestimable guía de Rosalía Santori.

Un reseteo para empezar a fin de semana sen preocupacións, con serenidade e aceptación.

Duración da sesión: 2 horas aproximadamente.

Protocolo Covid: Adaptarémonos ás medidas vixentes.