Propoñémosvos compartir unha xornada vivencial na que aprenderemos a través dos Alimentos (o que comemos e tamén o que bebemos), a Respiración, o Exercicio ou Movemento Rítmico, a Meditación, os Sons, a Música,…, a coidar a nosa saúde, prestando especial atención ó noso SISTEMA INMUNITARIO, entendendo que todo forma parte dunha globalidade que ten que ser respetada. Somos e formamos parte da Natureza, un Microcosmos dentro dun Macrocosmos en comunicación constante.

Aprender a manternos sans coidando a nosa inmunidade natural.

Xornada para compartir con persoas conscientes de querer coidarse e aprender de maneira presencial todo o que engloba un coidado pleno.

Duración: Contemplado para un día completo, mañá e tarde, desfrutando dos alimentos que se traballen.

Protocolo covid: adaptaremos a xornada as normas vixentes no seu momento.