Todo acto ten unha consecuencia, tentamos que as consecuencias dos nosos actos repercutan de maneneira negativa o menos posible, e iso conséguese primeiro tomando conciencia dos productos, alimentos e roupas que usamos

Moitas veces coidar a nosa pel e o noso corpo é mais fácil do que creemos.

A natureza pon o noso alcance prantas con infinidade de propiedades que se adaptan as características da nosa pel, para así coidar e nutrir por dentro e por fóra.

Propoñemos obradoiros diferentes, onde podes ir iniciándote no coidado natural::

  • Aprende a elaborar as túas propias cremas para o rostro e o corpo de maneira sinxela con produtos naturais e beneficiosos para o noso organismo.
  • Para o coidado da nosa boca aprenderemos a facer pasta dental a base de arxila, e colutotios bucais. Tamén aprenderemos a facer desodorantes non agresivos para a pel e que non obstrúan as glándulas sudoríparas
  • Xabón de lavadora suavizante para ter a nosa roupa coidada e despois nos acariñe a nós, ambientador para que a nosa casa ula sempre ben. Aparte de coidar as nosas prendas e a nosa pel non son nocivos para o medio ambiente, son respetuosos con él, non contaminan os ríos, os mares, en definitiva todo o o que facemos voltará a nós en forma saudable, se tratamos de levar a cabo prácticas respetuosas.
  • Xabóns para o coidado do noso corpo. Serven para o rostro, o corpo e o cabelo. Xabóns enriquecidos con plantas mediciñais e ou aceites, arxilas, mel, avéa…que nutren a nosa pel e limpan en profundidade sen ser abrasivos para a mesma. Aparte aprenderemos a facer hidrolatos en alambique cheos de aromas e propiedades que colman os nosos sentidos.

Saberes antigos que queremos por en valor, saberes sinxelos que calquer persoa pode aprender  e poñer en práctica no seu día a día, facéndose responsable do aseo persoal e dos seus. Sementando un mundo mellor para as xeracións futuras.

Todas estas elaboracións  non conteñen  sustancias disruptoras endocrinas tan comúns hoxe  en día  na cosmética convencional. Cosmética 100% sá.

Ideal para facer en grupo, cos amig@s, en familia, cos teus compañeir@s….

Duración do evento: 2h

Material incluído: aceites, prantas, recipientes…

Protocolo COVID: Adaptarémonos ás medidas vixentes.